Que sabemos sobre as linguas?

 

Estamos a descubrir que existen moitas linguas no mundo. As que atopamos na sopa de letras, as que se falan na nosa clase ou na nosa familia... e outras das que seguro oímos falar algunha vez. Cantas delas coñeciamos?

 

Nesta tarefa imos investigar sobre as linguas do mundo: a súa distribución territorial, os seus falantes, a súa relacións e o seu parentesco. O resultado da nosa investigación quedará plasmado de forma visual nun mapa e un gráfico.

Propoñémosvos unha pequena tarefa de investigación sobre as linguas máis faladas do mundo; talvez sorpréndanvos os resultados.

Para realizar a nosa investigación seguiremos os seguintes pasos:

1º paso: recollida de información
2º paso: elaboración dun mapa lingüístico
3º paso: elaboración dun gráfico

 

1º Paso

Para a procura e selección de información seguimos os seguintes procedementos:

-  Pensamos ben que palabras poñer no buscador.

-  Fixámonos na data para atopar páxinas actualizadas (usamos as ferramentas de procura de Google).

- Sintetizamos os datos e facemos unha listaxe das 15 linguas máis faladas no mundo.

- Realizamos unha táboa de recollida de información cos seguintes datos:

          - Lingua

          - Paises e rexións nos que se fala

          - Número de falantes     

                        

      2º Paso

      Axudándonos da información recollida na táboa, situaremos estas linguas nun mapa que incluiremos máis adiante no proxecto final.

      No mapa que che entregará o teu mestre, marcamos con cores distintas cada lingua e engadimos debaixo do mapa a lenda.

       

      3º Paso

      Agora, imos reflectir os datos sobre o número de falantes de cada unha destas linguas nun gráfico. Podemos facer un gráfico circular ou un de barras.

       

      Ao longo desta tarefa de investigación aprendemos algo máis sobre as linguas que se falan no mundo. A diversidade lingüística é unha gran riqueza para a humanidade, Ou non? Estamos de acordo? Na seguinte tarefa imos seguir reflexionando sobre este tema.

       

       

       

       

       

       

       

       

      Crea tu propia página web con Webador