A diversidade lingüística en España

 

Coñecemos as linguas?

O español é a lingua oficial do Estado, pero xunto co español hai outras linguas que son oficiais nas súas respectivas comunidades autónomas. Saberiamos situalas nun mapa?

 

Nesta tarefa imos investigar sobre as linguas do Estado para coñecer máis cousas sobre elas: de onde veñen, cantos falantes teñen, cantas son…

Polo tanto debemos realizar unha investigación sobre as linguas do Estado e facer un informe.

Como primeiro paso para crear o informe faremos a procura de información. Manexaremos fontes diversas e seleccionaremos as máis adecuadas para completar o contido do informe.

O esquema de traballo que debemos seguir coas linguas atopadas  é o seguinte:

Lingua

Orixe da lingua, familia á que pertence.
Lugares nos que se fala.
Nº de falantes.
Dous escritores e dúas obras famosas nesa lingua.

 

Para rematar nun folio debuxa o mapa de España e coloca cada lingua na súa comunidade.