Falando enténdese a xente

As linguas que nos rodean.

 

Pensastes algunha vez o importante que son as linguas na nosa vida? Sérvennos para comunicarnos cos demais e connosco mesmos, para expresar os nosos sentimentos, para construír os nosos coñecementos… E… fixástesvos en cantas linguas temos ao noso ao redor? Estamos rodeados por textos e por linguas diferentes.

 

As linguas mestúranse e viven entre elas e todas desde a menos estendida ata a máis global, serven aos falantes que as utilizan para comunicarse. E, a pesar de ser tan necesarias, do gran valor de todas, ás veces...as linguas utilízanse para dividir, para separar en lugar de unir e aparecen os prexuízos lingüísticos, a competencia por ver se unha lingua é mellor que outra… As linguas forman parte de nós mesmos, da nosa identidade, acompáñannos ao longo da vida e parécennos tan naturais que, con frecuencia, non nos paramos a reflexionar sobre elas. Neste proxecto imos traballar coas linguas e sobre as linguas para coñecer esta fantástica ferramenta un pouco mellor.

Comezamos?

 

Cantas linguas recoñeces?


Seguro que vós xa sabedes que existen na actualidade entre 3.000 e 5.000 linguas, das cales soamente 600 contan con máis de 100.000 falantes, cifra mínima para garantir a súa supervivencia a medio prazo. Entre os idiomas máis estendidos están o chinés mandarín, usado por 900 millóns de persoas; o inglés, con 470 millóns de falantes; o hindi, falado por máis de 420 millóns de persoas; o español, utilizado por 360 millóns; e o ruso, con case 300 millóns de falantes.

Imos empezar tentando localizar nesta sopa de letras 16 linguas que se falan no mundo.

Cando remates garda a folla para entregar no proxecto final.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Crea tu propia página web con Webador